MARTES 5 DE MARZO, PALESTRA DE ANTÓN F. MALDE “ENTORNO A UNHA LENDA: O CASTELO DE TEODOMIRO”. O FACHO.


Desde a Agrupación Cultural O`Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.

O vindeiro dia 5 de marzo o arqueólogo e investigador Antón Fernández Malde, impartirá unha palestra co título:

Entorno a unha lenda: o Castelo de Teodomiro

Data: 5 de marzo, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Antón F. Malde foi presidente da AC O Facho. Nos anos 80 deu a coñecer a riqueza patrimonial do Monte do Gato que segue a sorprender coa aparición do chamado Castelo de Teodomiro, coa aplicación das modernas técnicas de detección,  nun contexto arqueolóxico moi interesante e pouco coñecido.

Ten sido o director das intervencións arqueolóxicas na Pena Furada, Torre dos Mouros ou nos Castros das Travesas e Mallou (entre outros) onde a participación pública e a divulgación foron esenciais.

Atentamente,

Agrupación Cultural O Facho.