DOMINGO 25 DE FEBREIRO: XEIRA AO RIBEIRO DAS MIMOSAS


O domingo 25 de febreiro, conforme ao programa, faremos unha singular xeira en tempo acaído de mimosas polo ribeiro do Barbantiño e do Arenteiro. Terras que no medievo se chamaron “castela”, polos moitos castelos, velaí o de Vilamarín. Recorido seguindo os pasos e a literatura de Otero Pedrayo, de Cea a Amoeiro, Trasalba, Punxín… Para, despois do xantar enxebre, pola tarde, seguir o recorrido polos arredores do Carballiño, tan ricos en arqueoloxía, igrexas románicas, pazos… lembrando e visitando lugares que tiverron que ver coa vida de escritores e investigadores como a Pardo Bazán, Lousada Dieguez, Chamoso Lamas…

Unha das xeiras máis atractivas, un clásico de Amigos dos Museos de Galicia, con novas variedades e atractivos.

Anótate canto antes, a fin de redondear as reservas nos lugares desexados pola organización.