XOVES 22 DE FEBREIRO: RECORRIDO A TRAVÉS DA MÚSICA DE PEPE PIÑA


O xoves 22 de febreiro ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras un recorrido a través da música do cantautor Pepe Piña.

Músico que comeza, en solitario, tocando en pubs en Santiago e Lugo e algúns concertos nas Radios locais.
Polo 1980 fundador de SEMEN UP con Alberto Comesaña e varios músicos de Lugo, entre eles Tino López e Jorge del Rio publicando disco (“Lo estás haciendo muy bien”), sendo proclamados Grupo Revelación do ano.

No 1988, xunto con Chiruca, Antón Campelo, Ezequiel Orol, Quique Magán e Javi reflotan o grupo O CARRO, engadindo cancións propias ao mesmo e facendo concertos. Gravan unha canción composta por Pepe Piña nun dobre disco “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro” con grupos como Brath, Luar na Lubre, Na Lúa , Suso Vaamonde, Alecrín, etc…
En Vigo forma parte con Alfonso Blanco e Emilio Huete de TRICERATOPS e despois tamén con Alfonso Blanco, Paco Dicenta e Pablo Carrera forman HACEROS DEL NORTE, en ambos os casos con versións e algunha canción propia. Grava 2 discos con Alfonso Blanco “Blanco” e “Auga para vivir” coa discográfica Karonte de Madrid.
Na Coruña forma COSECHA ROJA con Gonzalo Prego e Lezo Regueira, baseado totalmente en temas propios.
No 2010 funda o grupo CLAVE DE FADO tocando viola Brasileira, guitarra española e acústica con Gonzalo Piña (fillo) e Iria Estévez (nora) co que publican disco con temas propios, Fados e cantiga Galega . Disco no que colaboran Uxía Senlle e Sapoconcho, sendo presentado no Círculo das Artes de Lugo con gran éxito. Durante 5 anos percorren Galicia, León, Asturias e Portugal.
Coa volta aos inicios en solitario, mestura os seus temas propios de influencias moi variadas, da Bossa ao Blues, o Pop e a canción de autor. En 2015 grava “Co paso cambiado”, disco de carácter intimista e en 2019 Camiños de terra”, disco de letras comprometidas pero sempre en clave de poesía con grandes músicos en ambos os casos (Bruno Couceiro, Mateo Arnaiz, Ale Cambón, Iván Vázquez, Miguel Martínez “Rulos”, Alberto Castro “Flis”, Gonzalo Prego, Emilio Vázquez…

Pepe Piña, na actualidade percorre Galicia, Cantabria, León, Asturias e Portugal cunha combinación de temas propios con versións desde a Costa Californiana dos 70’ e da Movida madrileña dos 80’.

Entrada libre ata completar aforo.