VENRES 9 DE FEBREIRO, PALESTRA DE ECONOMÍA GALEGA: SEGUIMOS PRECISANDO INDUSTRIA?. AGRUPACIÓN CULTURAL O FACHO.


O vindeiro dia 9 de febreiro a economista, escritora, e profesora galega María do Carme García-Negro, impartirá unha palestra co título: 

Palestra de Economía Galega: Seguimos precisando industria?

Data: 9 de febreiro, venres

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

María do Carme García Negro é Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais e profesora titular do departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela.

No presente, tanto nos momentos eleitorais como nos tempos cotiás, a presenza das propostas económicas domina os temas de discusión na vida social e así mesmo nas propostas políticas. Un tema que aparece de cada pouco é a necesidade e/ou a presenza desexada da industria e desde esa perspectiva analisaremos o seu papel na economía galega.

Atentamente,

Agrupación Cultural O Facho.