DOMINGO 11 DE FEBREIRO: XEIRA DA AVENTURA AO ENTROIDO TRADICIONAL


Está aberta a inscripción para a primeira xeira deste ano 2024, que será o domingo de Entroido, 11 de febreiro. Xeira da aventura na que os asistentes, sorpresa tras sorpresa e durante toda a xornada e sen coñecelos lugares que se visitarán, farán un recorrido por algúns dos entroidos máis significativos de Galicia. Tampouco faltará o xantar enxebre en lugar característico. Todo o que si terá relación con esta festa primaveral, analizando ademias o contexto cultural e paisaxístico da zona ou zonas a visitar.

Festa de Entroido que significan este confín polas súas singularidades e rivalidades, con máscaras, disfraces e ritos que aunan tradicións antigas, medievais con creatividade e actualidade. Sairase ás nove e volverase doce horas despois. Anótate xa en Portas Ártabras ou chamando ao 981 210 101 – 630 930 298. Insistimos en que istes nosos tempos – e para mellor respostar ás ansias de facer as cousas como queremos e se merecen – requiren reserva con antelación suficiente. Grazas… e moi de corazón.