XOVES 8 DE FEBREIRO: “YAHVÉ, DIOS DE ISRAEL”


O xoves 8 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, comentando algún dos relatos bíblicos nos que Yahvé manda aniquilar aos pobos que viven na que será Terra Prometida para que os israelitas poidan ocupala.
Resulta asombroso o parecido que manteñen eses xenocidios bíblicos co actual e permanente conflito árabe-israelí.
A charla complementarase coa proxección dun centenar de obras de arte sobre o tema.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.

Imaxen extraída do manuscrito M.638 da Morgan Library de New York