O xoves 1 de febreiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia impartida polo Doutor en Psicoloxía José Martínez – Romero Gandos, titulada: “AQUÉN E ALÉN DO MAR. LEMBRANZAS DUN RETORNADO”.
José Martínez-Romero Gandos, nos falará da emigración dos galegos a Arxentina, concretamente a Bos Aires e que el viviu en primeira persoa, de exiliados e emigrados que coñeceu, Colectividades e Institucións galegas emigradas, así como da figura de outro emigrado galego, Luis Seoane.
Entrada libre ata completar aforo.