MARTES 30 DE XANEIRO: PALESTRA DO FACHO “A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO PÚBLICO EN GALIZA” POR SUSO BERMELLO


O vindeiro dia 30 de xaneiro o profesor de Historia e secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, impartirá unha palestra sobre “A SITUACIÓN ACTUAL DO ENSINO PÚBLICO EN GALIZA”.

Data: 30 de xaneiro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga 22 baixo. Cidade Vella – A Coruña

Suso Bermello (A Coruña, 1965) é profesor de historia no IES Agra de Leborís da Laracha a onde chegou despois de moitos anos como mestre no ensino primario. É o secretario nacional da CIG-Ensino desde o ano 2017. A organización sindical que representa leva sendo a maioritaria entre o profesorado galego desde hai máis de trinta anos, tendo acadado os seus mellores resultados nas últimas eleccións sindicais, as do 2022, onde con case 10000 votos, obtivo 8 representantes dos 15 que se sentan na mesa sectorial onde se negocia coa Consellería de Educación.