XOVES 25 DE XANEIRO: CONTINUACIÓN DA PROXECCIÓN DE “IRLANDA, UN PAÍS CELTA”


O xoves 25 de xaneiro, ás 20 horas continuaremos a proxectar en Portas Ártabras un documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Irlanda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles…. Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais…. introducidos por Felipe-Senén trantan de seguir aquel camiño, de buscar semellanzas, de vencellar a Galiza co mundo panceltista. Entón, tamén, entrando inevitable e persistente debate da celtofilia e da celtofobia.