O xoves 18 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a proxección dun documental arredor de Irlanda, un país celta. Nos modernistas anos 20 a intelectualidade galega, recollendo presupostos románticos seguiu a mirarse no espello ético e estético de Iranda, un confín radicado nunha tradición celta e cristián, como Galiza, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles…. Esta serie de documentais, con datos arqueolóxicos, históricos, culturais…. introducidos por Felipe-Senén trantan de seguir aquel camiño, de buscar semellanzas, de vencellar a Galiza co mundo panceltista. Entón, tamén, entrando inevitable e persistente debate da celtofilia e da celtofobia.
