MARTES 16 DE XANEIRO: PALESTRA DO FACHO “O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE; ESTADO DA CUESTIÓN” CON FELIPE – SENÉN


Desde a Agrupación Cultural O`Facho  vos comunicamos a celebración  do seguinte acto, dentro das Palestras públicas do primeiro trimestre de 2024.

O vindeiro dia 16 de xaneiro o arqueólogo, historiador e museólogo Felipe Senén López impartirá unha palestra sobre:

O MUSEO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA CARLOS MASIDE: ESTADO DA CUESTIÓN”.

Data: 16 de xaneiro, martes

Hora: ás 8 do serán

Lugar: Portas Ártabras – Rúa Sinagoga, 22, baixo. Cidade Vella – A Coruña

Felipe Senén, historiador da cultura galega e colaborador en moitas iniciativas con Isaac Díaz Pardo, analizará a proposta de declaración de BIC presentada pola Xunta, mesmo mudando o nome e os principios históricos, éticos e estéticos que o singularizan e que arrancan do Laboratorio de Formas, institución herdeira do sentir do Seminario de Estudos Galegos.

Laboratorio de Formas que era soporte teórico das Industrias da Memoria; cerámicas e editorial do Castro, de Sargadelos, do Instituto Galego da Información, así como do Museo Galego de Arte Contemporánea, institucións onde Seoane e Díaz Pardo foron claves, sobrevivindo e, pese a todo, con gran actividade na ditadura. Todas elas motores da contemporaneidade, de ideas en dialéctica que non deberan prescribir.