XOVES 11 DE XANEIRO: “LA MEDIDA DEL TIEMPO EN LA ANTIGÜEDAD” CON J. L. GARCÍA DORNELAS


O xoves 11 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre os distintos procedementos utilizados para medir o paso do tempo e do permanente intento das relixións para poñer o tempo ao servizo dos seus deuses.

A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.

Reloj interior del Duomo de Florencia, c.1443. / Foto: José Luis García Dornelas