O venres 15 de decembro, ás 19:30 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga , 22 – A Coruña) o encontro literario – artístico “Café com Português”, un espazo dedicado a literatura en galego-portugués, promovendo encontros con escritoras/escritores e artistas en xeral para celebrar a coraxe e a singularidade das voces que contribúen para a grandeza da nosa lingua.
Estará connosco as escritoras Iolanda Aldrei (Galiza), Célia Evaristo (Portugal), Inma Doval (Galiza), Katia Marchese (Brasil), Kátia Cassimiro (Guiné-Bissau), Emma Pedreira (Galiza), Luísa Fresta (Angola-Portugal), Tati Mancebo (Galiza) e o escritor Paulo Mirás (Galiza).
Neste evento poético pretendemos promover a partilla de ideas sobre a multiplicidade da nosa lingua con intervencións moi especiais.
