DOMINGO 17 DE DECEMBRO: XEIRA Á RÍA DE AROUSA. DO RIANXO DE CASTELAO A VALGA… AS TERRAS DA BELLA OTERO.


O domingo 17 terá lugar una nova xeira da serie “Coñecer Galicia“, a derradeira do ano 2023 e que levará aos asistentes ao universo literario da Ría de Arousa: dende as Terras de Valga e o mundo da Bella Otero, pasando polas Torres do Oeste e Catoira, ao Rianxo de Castelao, Dieste e Paio Gómez Chariño... Un mar de arqueoloxías, de historias, de contos, lendas e poesías, entre castros, arquitecturas, esculturas, espazos de contrastes onde, entre luces e sombras se terá presente tamén a Valle Inclán, a Ramón Cabanillas, ao escultor Asorey….

Como é de costume non faltará o xantar enxebre, o que nesta ocasión de fin de ano terá un caracter de celebración festeira. Doce horas dunha intensa e amena cultura, vivencias inesquecibles e das que formaremos parte. Non o dubides, apúntate e faino con tempo no noso espazo de cultura “Portas Ártabras” ou mesmo chamando de 19 a 21 horas ao 981210101.