SÁBADO 25 DE NOVEMBRO: ANTOLOXÍA DO MODERNISMO CORUÑÉS


O sábado 25 de novembro, ás 16 horas dende a Plaza de Maria Pita (monumento) iniciaremos un recorrido por distintos espazos da cidade da Coruña para coñecer significativos aspectos do Modernismo na nosa cidade. Repaso da obra de singulares arquitectos como Pedro Mariño, Julio Galán, González del Villar, Ricardo Boán, Fernández , López Hernández, López de Mesa, Antonio Tenreiro, Reboredo López, Rodriguez Losada… entre tantos outros que representan as novas tendencias estilísticas co emprego dos novos materiais, como o cemento, o vidro, coa pedra, o artesanado do ferro, da carpinteria… o papel de fundicións como Wonemburger, para obter singulares resultados non so na fachada urbana senón tamén na decoración interior, no deseño de portas, moblería, lámpadas…

Visita gratuita, para a que é preciso anotarse previamente en Portas Ártabras ou no teléfono 981 21 01 01 de luns a venres de 19 a 21 horas.