Xa está aberta a inscrición para participar nesta xeira que nos levará polo ribeiro do Miño ata Ribadavia. Como insistía Otero Pedrayo hai cinco ribeiros: o do Avia, o do Miño, o do Barbantiño, o do Arenteiro e o do Arnoia. Nesta ocasión iremos por Maside a Punxín e dende esa parroquia que garda as reliquias do San Vintila a Mugares, núcleo de interesante igrexario e pinturas murais renacentistas… pasando por Toén, concello onde lembraremos aos antepasados da escritora Carmen Martín Gaite. Seguimos por Castrelo do Miño cara a Ventosela e Ribadavía, onde o Avia comflúe co Miño, vila que ten tanto que ofrecer. Non faltará un deses xantares enxebres que caracterizan estas terras.
Súmate, coñece algo imprescindible na cultura galega. Infórmate máis ou apuntate chamando ao 981210101, como igualmente pasando por Portas Ártabras nos horarios de apertura, de 19 a 21 horas a diario.
