XOVES 23 DE NOVEMBRO: CONFERENCIA DE LOIS LADRA ARREDOR DOS RITUAIS FESTIVOS, CRENZAS E DEVOCIÓNS NO DOURO TRASMONTANO.


O xoves 23 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) unha nova conferencia pronunciada por Lois Ladra (arqueólogo e antropólogo) arredor dos RITUAIS FESTIVOS, CRENZAS E DEVOCIÓNS NO DOURO TRASMONTANO.

Ao longo da pasada década, Lois Ladra desenvolveu en varios anos sucesivos un intenso traballo de campo na rexión portuguesa do Douro Transmontano, nos distritos de Bragança e Vila Real. Durante esta experiencia inmersiva e grazas aos rexistros gráficos e audiovisuais baseados no método da observación participante, foi posible estudar numerosos ritos festivos, crenzas e devocións do seu peculiar ciclo anual.

Senhora do Bom Caminho – Foto: Lois Ladra
Andor no Populo – Foto: Lois Ladra