VENRES 24 DE NOVEMBRO, PRESENTACIÓN DOS LIBROS: “VERÁNS DE MISTERIO” DE TAREIXA ROCA E “O CAMIÑO DOS FAROS (DIARIO DE VIAXE)” DE LUIS G. SOTO


O venres 24 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) a presentación conxunta dos libros: “VERÁNS DE MISTERIO” de Tareixa Roca e o “CAMIÑO DOS FAROS (DIARIO DE VIAXE)” de Luís G. Soto editados por Espiral Maior.

Amais os autores participarán no acto Manuel Castelao Mexuto (estudioso e crítico literario) e Miguel Anxo Fernán Vello (director de Edicións Espiral Maior).