XOVES 16 DE NOVEMBRO: PRESENTACIÓN DO LIBRO – CATÁLOGO POR SIRO LÓPEZ E APERTURA DA EXPOSICIÓN “SORRISOS POR UN MUNDO. O HUMOR EN CARLOS CASARES.”


O xoves 16 de novembro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña), terá lugar a inauguración da exposición e presentación do libro – catálogo “Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” de Siro López.

“Sorrisos por un mundo. O humor en Carlos Casares” é unha exposición didáctica, pensada para todos os públicos e coa que a Fundación Carlos Casares quere achegarnos aos distintos aspectos do humor e da retranca galega, fenómeno humano de seu e da cultura, así como, ao mesmo tempo, afondar na súa presenza na vida e na obra de Carlos Casares.

Para esta exposición, que ven percorrendo bibliotecas, colexios e asociacións culturais de Galicia, creose o ano pasado un libro-catálogo que agora se presenta na Coruña. Páxinas da man de Siro López, amigo do escritor ourensán e coautor da histórica sección “Con esta lupa” publicada en La Región, de Ourense, en 1973 e que foi o primeiro espazo de política internacional galega.

A mostra está composta por sete plotters autoportantes nos que os textos informativos e imaxes rafórznase con distintos códigos QR que enlazan con material e contidos adicionais, realizados co propósito de enriquecer a mostra con exemplos concretos, vídeos e textos complementarios.