XOVES 9 DE NOVEMBRO, CONFERENCIA DE J.L. GARCÍA DORNELAS:”LOS ASTROS EN EL ARTE ANTIGUO”


O xoves 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, que falará sobre o papel que xogaron os astros na arte antiga e medieval.

A charla apoiarase na proxección de máis un centenar de obras de arte, que tentan mostrar a importancia que tiveron os mitos e lendas dos astros nas antigas culturas e no cristianismo.

Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.

The Moon. Broeder Gheraerts Naturkunde, Utrecht 15th century. Wolfenbüttel, Herzog August Bibliothek