XOVES 26 DE OUTUBRO: PRESENTACIÓN DO NOVO LIBRO DE JOSE CARLOS ALONSO “ANIMALES EN CORUÑA. DEL PASADO, DEL PRESENTE, REALES E IRREALES”


O xoves 28 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a presentación do novo libro de Jose Carlos Alonso, “ANIMALES EN CORUÑA. Del pasado, del presente, reales e irreales”.

É un repaso a 150 anos de animais na nosa cidade. Desde o can Nerón da familia Barrié (ano 1877) ata as mascotas actuais. Pero tamén se recollen os animais que non foron mascotas e si “traballadores” nun ou outro sentido (de carga, de tiro, de paseo, militares…). Por suposto os que nos serviron de alimento. Imperecedoiros: os representados polas artes escultóricas e pictóricas. Irreais, como os anteriores, os que serven coa súa imaxe ao sector comercial.

Entrada libre ata completar aforo.

a.r.g.