O xoves 19 de outubro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “EL COSMOS ENTRE EL MITO Y LA CIENCIA”
Todas as culturas imaxinaron narracións míticas e fantásticas para pretender explicar a orixe e funcionamento do universo ata que, co avance da ciencia, todas esas fábulas mitolóxicas foron cuestionadas e esquecidas.
Nesta charla veremos, con todo, que no noso mundo actual aínda se continúa loitando para preservar as “verdades bíblicas” e protexer todas as estadas teolóxicas levantadas durante séculos. E é que, asombrosamente, aínda estamos inmersos nun inacabable proceso de enfrontamento entre fe e razón.
A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes para mostrar a concepción que se tivo do universo ao longo de catro milenios e sobre todo, do constante enfrenamento entre a ciencia e o sacro.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
