Para o domingo 22 de outubro temos en programa unha nova xeira, a que nesta ocasión, tempo outonal, nos acercará ao Minho portugués, facendo un completo recorrido seguindo tan representativo río: dende Valença do Minho, aos lugares de Lanhelas e o Seixo, coas sorprendentes casonas de indianos, lugar de nacemento e sepultura do gran arquitecto portugués Ventura Terra. Seguiremos ate Caminha e a mesma foz do Minho, coa fortaleza da Insúa. Despois do xantar enxebre en terra portuguesa, coñeceremos as singularidades da cidade murada e raiana de Vilanova de Cerveira. Así pasaremos a Galiza, sempre ribeirando o Minho por Goián, as Eiras, Tabagón… así chegaremos a Caposancos, co gran convento xesuítico que foi e, por suposto, á Guarda, onde faremos un amplo recorrido arqueolóxico e histórico por este altar no mesmo “Hostium Minium”, as portas dun Miño que artella a Gallaecia (Asturicense, Bracarense e Lucense).
Territorio de fondo interese cultural do que daremos puntual información.
Súmate, coñece algo imprescindible na cultura galego-portuguesa. Infórmate máis ou apuntate chamando ao 630930298 ou ao 981210101, como igualmente pasando por Portas Ártabras nos horarios de apertura de 19 a 21 horas a diario.

