XOVES 5 DE OUTUBRO: “O MOITO QUE MONTEVIDEO LLE DEU Á NOSA TERRA” CONFERENCIA DE X. M. MONTERROSO


O xoves 5 de outubro, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia titulada: “O MOITO QUE MONTEVIDEO LLE DEU Á NOSA TERRA”, pronunciada polo escritor Xosé María Monterroso Devesa.

Foi Montevideo, pola sua dimensión con respecto ao Uruguai -metade da poboación do país-, o núcleo urbano e humano que desempeñou un papel exclusivo e relevante na historia de Galiza e na vida dos galegos daquén e dalén mar. Pois se Buenos Aires é a enorme metrópole galega da Galiza da diáspora, a capital uruguaia é, en proporción, a que máis pegada nosa ten.

Velaí apenas unhas pinceladas que feitos e fitos dos séculos XIX e XX que unen estes dous países, inda que afastados, debruzados no mesmo océano, o verdadeiro mare nostrum dos galegos.

Entrada libre ata completar aforo.