O xoves 28 de setembro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a presentación do libro “NON MÁIS ALÓ DAS NUBES”, de Xabier M. Betanzos editado por Medulia Editorial. No acto ademais do autor participará Miguel Anxo Mato Fondo (escritor).
Entrada libre ata completar aforo.

Resumo: Dona Constanza, unha marquesa á que os seus fillos pretenden incapacitar xudicialmente a causa do manexo dispendioso da súa facenda foxe da súa casa cunhas poucas pertenzas que vai arrastrando nun carriño da compra.
Un mozo informático que herdou un capital considerábel e vive só nunha mansión. Ten bastantes manías, non adoita mirar aos seus interlocutores e atropélase ante as mulleres.
Unha moza adorábel con parálise cerebral, de xuízo recto, agradábel e con máis sentido común que a maioría dos mozos da súa idade.
Un mozo altísimo, con problemas de saúde, cunha intelixencia por baixo da media. Cun perímetro cefálico, nariz e orellas bastante grandes, só ten a mecánica como leitmotiv de todas as súas accións.
Estes catro personaxes forman o grupo FUCA. Creado como un club de lectura e preocupado pola accesibilidade universal, chega a ser considerado un grupo terrorista, razón pola que algúns dos seus membros son detidos pola policía.