8 DE OUTUBRO: DÍA EUROPEO DE AMIGOS DOS MUSEOS


O almanaque civil inclúe agora unha nova celebración para a xornada de cada 8 de outubro, a que se complementa con outras, como o 1 de Abril “Día das Artes de Galicia“, mesmo co 18 de Maio como “Día Internacional dos Museos“, ou o 16 de Novembro “Día Mundial do Patrimonio Cultural“.

Nesta ocasión a xornada do oito de outubro comeza a dedicarse e a espallarse como DÍA DOS AMIGOS DOS MUSEOS. Sirva pois esta convocatoria acollida por todos os colectivos de Amigos e Amigas dos Museos para asumir a súa importancia, os que cun caracter altruista se significan en sensibilizar sobre os museos como continentes e contidos que nos seus espazos gardan, conservan, estudan, mostran e divulgan memoria a través de artefactos, documentos, sitios significativos, que informan para formar na convivencia, na construcción do humanismo, que isto é entender o que significa un ser humano e o seu contexto: a igualade, a liberdade, a convivencia democrática, a responsabilidade de cara ao presente e o futuro.

Amigos dos Museos de Galicia, colectivo pioneiro neste tipo de asociacionismo non deixará pasar tal xornada, sumámonos con todos os demais, insistiremos na mensaxe cotidián, precisamente arredor da sensibilidade, que é poñer todos os sentidos, máis o saber aprendido sobre canto nos rodea, a fin de enxergar a significación do ser humano na historia e no futuro do planeta.