XOVES 14 DE SETEMBRO: “LA CARTOGRAFÍA EN EL ARTE ANTIGUO Y MEDIEVAL”


O xoves 14 de setembro, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “LA CARTOGRAFÍA EN EL ARTE ANTIGUO Y MEDIEVAL”

A charla acompañarase coa proxección de máis dun centenar de imaxes para mostrar a concepción que se tiña do mundo ao longo dos séculos, facendo especial fincapé nos mapas simbólico-relixiosos que poñían de manifesto a xeometría como reflexo da divindade.

Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.

Entrada libre ata completar aforo.