DOMINGO 27 DE AGOSTO: TRADICIONAL XEIRA AO COUREL. LEMBRANDO A NOVONEYRA


Podes anotarte para a xeira do domingo 27 de agosto, a tradicional viaxe cultural ao Courel… e como sempre lembrando e seguindo os pasos do poeta Novoneyra. Dadas as circunstancias desta serra, dos seus bosques, o tempo climatolóxico e cronolóxico marcará un itinerario de ida e volta sempre intenso e con moitas alternativas sorprendente e no que non faltará, como meta, a aldea Parada, a casa da vida e a sepultura do poeta Uxio Novoneyra, espazos onde se nos recibe e trata cun vello e tradicional agarimo familiar ao que queremos correponder tamén.

O alto do Boi, Folgoso, Seceda, Ferreirós, Ferreiría Vella… Seoane, Moreiras… Son algúns puntos antolóxicos a visitar, sen faltar aspectos vencellados aos Ancares, sitios onde a xeoloxía, a bioloxía, a arqueoloxía, a etnografía e mesmo a poesía mandan, dibuxan e reafirman esa eterna dialéctica galega que interacciona paisaxe e paisanaxe.

Xeira ademias caracterizada por un xantar dos máis enxebres de Galiza: touciño con castañas, cabrito, queixo do Cebreiro…. Non o dubides: si coñeces algo do Courel acompáñanos de novo, este universo sempre ten algo que ofrecer e si non o coñeces non o dubides e de seguro que serás leal seguidor@ nosa.