O xoves 10 de agosto, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “EL VIOLENTO Y MUJERIEGO REY DAVID”
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos polos que un mítico rei mullereiro, adúltero, perxuro e asasino foi convertido polo cristianismo en antepasado de Cristo, monarca culto e autor dos Salmos.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
