O sábado 5 de agosto, ás 16:30 terá lugar a visita guiada e con degustación ao MEGA (Museo da Estrella de Galicia) que este colectivo de Amigos dos Museos de Galicia tiña axendada con antelación. Lembramos o interese deste novo centro vencellado á familia Rivera, así como a significación histórica e cultural da cervexa, da que xa o xeografo grego Estabón, nos anos do cambio de era, comentaba que era bebida enxebre (zythos) dos celtas galaicos… Ao cabo do tempo base dunha industria que caracterizou ao occidente atlántico, especialmente a Irlanda, véxase o éxito da familia Guinness. Industria cervexeira da que a Coruña foi, dende os anos do Romanticismo, un referente e mesmo centro de difusión.
Os que estén interesados nesta visita teñen que anotarse previamente (como moi tarde o xoves 3 de agosto) e farano chamando ao tfn.- 981210101 de 19 a 21 horas. Seguiranse as pautas e prezos marcados polo propio centro museístico.

