Se queres coñecer Galicia ben non deixes de vir a esta xeira a terras ourensáns. Un día intenso que nos levará por lugares insólitos dende o Carballiño ao Ribeiro de Leiro, esto é do Avia, de Beade a Berán, subindo á fermosa igrexa románica de San Tomé de Serantes, ás sorprendentes paisaxes de Pena Corneira… sitios dunha intensa Historia, tamén recorridos por Grahan Green. Seguiremos por Avión, terra de “mexicanos” con grandiosas mansións, o castro de San Vicente… para seguir por Terra de Montes e Forcarei, territorio do mosteiro de Acibeiro.
Xeira axeitada para quen quere perfeccional o coñecemento de Galicia, un día longo e propio de xullo, no que tampouco faltará o xantar enxebre da zona, como xa caracteriza estas xeiras. Non deixes de apuntarte e con tempo, sabes que sempre hai sitio para quen nos ofrece a súa sensibilidade e confianza, algo ao que tentamos corresponder.

