XOVES 20 DE XULLO, CONFERENCIA DE ANA ISABEL FILGUEIRAS ARREDOR DOS CEREMONIAIS FLORAIS GALAICOS: ORIXE, LÍRICA E LEGADO MUSICAL


O xoves 20 de xullo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia impartida pola arqueóloga Ana Isabel Filgueiras, titulada OS CEREMONIAIS FLORAIS GALAICOS: ORIXE, LÍRICA E LEGADO MUSICAL. Repaso de tradicións galegas, repartidas ao longo do ciclo agrario anual que radican no mundo céltico e román. Costumes fortemente cristianizadas, fundamentalmente en relación co tempo primavera, Candeloria, Entroido, Maios, San Xoán… ás que abren á luz e ás froles, como símbolo de novos frutos no verán e no outono de sementes… Verde e flores cos que se adornan nenos e mozos, mesmo casas, coas que se fan arcos e se traman danzas baixo delas… Motivos simbólicos en relación coa fecundidade, retomados na lírica galaico medieval, nas cantigas e mesmo na arte.

Ana Isabel Filgueiras ven desenvolvendo un meritorio traballo, incluso pioneiro arredor de aspectos etnoarqueolóxicos pouco tratados, cun fondo compromiso con canto significa a cultura galega, a súa divulgación, estudo e salvagarda. Sobranceiros son os seus trabalos arredor de Compostela e dos seus camiños, como de Noia e mesmo sobre as lendas e aspectos de cultura inmaterial no coruñés Castro de Elviña.