O xoves 13 de xullo, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “SANTIAGO Y LA LEYENDA JACOBEA”
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para comentar os motivos económicos e políticos que xustificaron a elaboración de varios relatos lendarios, tratando de explicar a translación das reliquias do apóstolo desde Xerusalén a Galicia e o descubrimento, sete séculos despois, dun pequeno mausoleo romano, que o bispo Teodomiro, “polos varios vestixios e mostras que contiña,” identificou como o de Santiago.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
