XOVES 6 DE XULLO: CONFERENCIA DE LOIS LADRA ARREDOR DOS MUIÑOS DE VENTO DA CORUÑA; HISTORIA E ICONOGRAFÍA


O xoves 6 de xullo, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do arqueólogo e investigador Lois Ladra, na que falará dos MUIÑOS DE VENTO DA CORUÑA: HISTORIA E ICONOGRAFÍA.

Aínda que hoxe a penas se conservan os restos parciais dun antigo muíño de vento no Parque de Santa Margarida, a comezos da Idade Moderna eran varios os que señoreaban a paisaxe herculina, destacando como sentinelas recortados no horizonte da cidade. E así aparecen representados en diversos cadros e gravados. Os muiños de vento e a torre de Hércules eran daquela dúas iconas emblemáticas da nosa urbe. Partindo do estudo histórico do enxeño eólico da Gramela -que foi o último en ser desmontado pedra a pedra- contextualízase esta particular industria de transformación cerealística no ámbito do litoral atlántico da Península Ibérica.