O xoves 22 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia pronunciada por Victorino Pérez Prieto (escritor e teólogo) arredor de “SANTA MARIÑA, SAN PAIO, SANTO AMARO E OUTROS/AS SANTOS/AS GALEGOS/AS. ENTRE A HISTORIA E A LENDA”.
As santas e os santos galegos foron cristiáns que levaron unha vida virtuosa ao servizo da xente e de Deus. Máis que as biografías deles, as que chegaron até nós foron as súas haxiografias lendárias. Mesmo as dalgúns son só fermosas lendas.
As e os dos primeiros séculos son sobre todo mártires: Santa Mariña e Santa Liberata, Santa Comba, Santa Minia, San Prisciliano e compañeiros mártires, ou San Paio, o máis popular. Na Idade Media foron sobre todo bispos: San Fructuoso, San Froilán, San Rosendo, San Pedro de Mezonzo ou San Gonzalo; pero tamén Santo Ero de Armenteira ou Santo Amaro.
Os santos e santas modernos son menos coñecidos pero con historias fascinantes: Beato Sebastián de Aparicio, A Monxa do Penedo, San Francisco Blanco ou San Faustino Míguez.
