XOVES 15 DE XUÑO: CONFERENCIA DE ALEXANDRE RIPOLL “O TESOURO DAS CANTIGAS DE MARTÍN CODAX”


O xoves 15 de xuño, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras unha conferencia de Alexandre Ripoll Anta (doutor en filoloxía galego-portuguesa, catedrático xubilado de lingua e literatura galegas), titulada: “O TESOURO DAS CANTIGAS DE MARTÍN CODAX”

Martín Codax foi un poeta galego, posiblemente un xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV. No ano 1998 dedicóuselle o Día das Letras Galegas xunto con Johan de Cangas e Mendinho. Neste 2023 adícaselle o Día das Artes Galegas. A súa orixe non está clara, o xograr procede probabelmente de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta cidade nas súas composicións.

Dúas son as características máis importantes de Martín Codax: por un lado, a súa inspiración fortemente orixinal, máis próxima á realidade do amor vulgar, e por outra banda o feito de que as súas composicións, ademais de seren recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa —ou Cancioneiro Colocci-Brancuti— e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, foran recollidas no Pergamiño Vindel, o que dá a posibilidade de acceder ás músicas, supostamente orixinais, dos seus creadores.

Entrada libre ata completar aforo.