O xoves 8 de xuño, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “LOS ÁNGELES Y LAS MALAS TRADUCCIONES”.
Santóns e visionarios de todos os tempos e culturas deseñaron as características das divindades que lles rexían e o séquito que as acompañaba. E para facelo idealizaron e magnificaron aos reis e servintes que coñecían ou dos que tiñan noticias. A Biblia e as súas malas traducións completaron o deseño, e isto orixinou un heteroxéneo e dispar conxunto de propostas que, a pesar das súas inconsistencias, calaron facilmente tanto nos fieis como na iconografía.
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arte, que servirán para analizar a evolución das divindades “aladas” ata ser convertidas polo cristianismo en anxos.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
