SÁBADO 20 DE MAIO: VISITA ESPECIAL A LUGO E SEU ENTORNO ARQUEOLÓXICO.


Neste primaveral sábado e partindo da Coruña, como é costume, ás 9 horas, dirixirémonos a Lugo, facendo tamén un recorrido polo seu contorno cunha completa visita á cidade fundada hai máis de dous mil anos. Insistiremos nas súas orixes romanas, dende o insólito ninfeo romano de Santa Eulalia de Bóveda ás murallas, respasando os vestixios arqueolóxicos, museos e centros culturais modélicos nunha cidade que aposta pola rehabilitación e revitalización do seu patrimonio cultural como marca de identidade e turismo. Xornada na que non faltara o xantar enxebre, como tamén caracteriza a unha cidade que ben sabe celebrar as máis enxebres tradicións galegas.

Agradecemos inmensamente que (canto antes e a fin de complementar o número de concurrentes) se realice a inscripición a esta actividade cultural e lúdica.