XOVES 18 DE MAIO: DÍA DOS MUSEOS E PREMIO PEDRA DO DESTINO


Como todos os anos, mesmo dende a súa creación polo Consello Internacional de Museos no ano 1977, ao chegar esta data na que intercionalmente se celebra aos museos como fonte de educación cultura e turismo, neste ano 2023 baixo o lema de Sostibilidade e Benestar, o noso colectivo convoca a quen desexe asistir a un acto que terá lugar, o xoves 18 de maio, ás 20 horas, no noso espazo de cultura “Portas Ártabras”. O motivo é perpetuar a normalidade nos museos, institucións que definen a cultura dunha colectividade: acopio, conservación, estudio, divulgación, exposición… Encontro no que ademais se fará público o PREMIO PEDRA DO DESTINO, que entregamos, como estímulo a aquela persoa ou colectivo destacado na súa defensa, estudo ou divulgación do Patrimonio Cultural de Galicia.

Nesta ocasión Amigos dos Museos de Galicia reivindican encarecidamente a apertura e delclaración de Ben de Interese Cultural Galego do Museo Carlos Maside do Castro de Samoedo, Sada. Institución creada en 1960 polo tandem Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, entre moitos outros que incluso, en anos difíciles da dictadura, preconizaban a liberdade e a democracia, a ética e a estética como marca e dignidade de Galicia. Proceso de incoación para a declaración de BIC de tan importante referente cultural, acordado no Parlamento de Galicia no 2010 e iniciado no 2018, e inexplicablemente paralizado pola Xunta de Galicia desdpois de máis dunha década.