O xoves 11 de maio, ás 20 horas, terá lugar en Portas Ártabras unha nova conferencia do enxeñeiro especialista en simboloxía medieval, José Luis García Dornelas, titulada: “LA MITOLOGÍA Y LOS QUERUBINES”
A charla apoiarase na proxección dun centenar de obras de arquitectura, pintura e escultura, que servirán para analizar a evolución no tempo das divindades aladas, e especialmente de como os leóns e touros alados que protexían e transportaban aos monarcas babilónicos foron convertidos polo cristianismo en anxos querubíns.
Esta actividade está enmarcada no “Ciclo Cristianismo e Paganismo na arte”.
Entrada libre ata completar aforo.
