XOVES 4 DE MAIO, ROSARIO BARROS PEÑA PRESENTA: “EL VIAJE”


O xoves 4 de maio, ás 20 horas, en Portas Ártabras terá lugar a presentación do último libro de Rosario Barros Peña: “EL VIAJE”. No acto, ademais da autora participará David Loureiro González (Filólogo).

Rosario Barros Pena naceu con dúas grandes paixóns: escribir e viaxar, pero tivo que esperar moitos anos para que estas se condensen en “EL VIAJE”, un libro onde narra unha viaxe á Toscana entrelazando as paisaxes, a arte, as persoas, a dor e o humor. Valenciana de nacemento, galega por raíces e coruñesa de adopción escribiu as súas primeiras liñas no Colexio Dequidt, situado na Praza do Libro, e na librería NOS, presentou a súa primeira novela, “SIEMPRE”. Traballou na imprenta Gráfico Galaico. Foi administrativo na Seguridade Social. Licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación e colaborou nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego. A súa xubilación no ano 2000 deulle tempo para escribir. A súa novela “SIEMPRE” foi premiada e publicada pola editorial LibrosEnRed e as dous seguintes tiveron que esperar polo Covid-19. Co peche obrigado escribiu e publicou o poemario: “99 DIAS” e revisou as dúas novelas que agardaban “LAS MANZANAS NO SE TOCAN”, publicada no ano 2022 e “EL VIAJE”.