O xoves 13 de abril, ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras, unha nova conferencia enmarcada dentro do ciclo paganismo e cristinanismo na arte, impartida polo especialista en simboloxía e enxeñeiro Jose Luis García Dornelas, titulada: “LAS RESURRECCIONES DE CRISTO“
O tema da Resurrección preocupou a teólogos de todos os tempos debido á súa importancia e ás moi diferentes descricións que figuran en cada un dos evanxeos.
Tampouco a arte puido conciliar as discrepancias, e non tivo outra opción que realizar un numeroso conxunto de obras sen base algunha nas Escrituras.
Entrada libre ata completar aforo.
