XOVES 23 DE MARZO:”FÁBRICA DE TABACOS DE A CORUÑA: HUMO SOBRE LAS AGUAS” POR JOSÉ CARLOS ALONSO


O xoves 23 de marzo ás 20 horas terá lugar en Portas Ártabras a conferencia – presentación de “FÁBRICA DE TABACOS DE A CORUÑA: HUMO SOBRE LAS AGUAS” por José Carlos Alonso Sánchez.

Aínda que poidan parecer contraditorios o tabaco e a humidade, o certo é que boa parte da Fábrica de Tabacos da Coruña edifícase ben sobre as augas salgadas da baía coruñesa, ben sobre as salobres da marisma do río Monelos. Isto é o que documenta o libro recompilando o proceso construtivo de distintas fontes.

Este libro vén cubrir o gran baleiro bibliográfico que había sobre a imaxe e proceso construtivo do gran conxunto fabril da tabacaleira coruñesa. Case todos os planos que nel aparecen son, ata onde eu puiden saber, inéditos, e os que non o son, nunca se publicaron con tanto detalle. Pero, ademais tamén hai un bo número de fotografías que visibilizan ás súas traballadoras inéditas e magnificadas no seu tamaño nas páxinas do libro.

Un capítulo curioso e novo desta publicación é o relativo ao movemento “ludista” en sentido inverso: é dicir, no canto de desprezar as máquinas (como fixeron as cigarreiras no seu día), recompila un bo número de imaxes das mesmas para rescatar do esquecemento esoutro actor da forza produtiva do centro que, aos poucos, foi achicando o persoal do recinto.