XOVES 16 DE MARZO: UN GALEGO REI DOS XÍBAROS


O xoves 16 de marzo, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar a conferencia do experimentado periodista e sociólogo carballiñés, presidente do “Centro de Estudios, Chamoso Lamas”, Carlos A. Rodríguez Calvo. O tema é arredor da vida de Alfonso Graña, natural de Amiudal (Avión), prototipo dos arriscados emigrantes, quen a primeiros anos do século XX, como moitos outros das terras do Carballiño emigra e escolle Iquitos. Aventureiro que penetra nos mais recónditos lugares da selva do Amazonas, para entablar amizade con tribus até enton descoñecidas, auxiliar a exploradores… chegando a coñecerse como ser Alfonso I, Rei dos Xíbaros.Tema no que Rodríguez Calvo afonda con precisión para tramar unha atractiva novela histórica: “El hombre blanco del rio Nieva”, editado por D33.

Entrada libre ate completar aforo.

Fotografías: “Alfonso I de la Amazonía: Rey de los Jíbaros” Maximino Fernández Sendín.

Actividade subvencionada por : Deputación da Coruña