DO 1 AO 3 DE MARZO: COMO SE VISITA UN MUSEO


Os días mércores 1, xoves 2 e venres 3 de marzo, ás 20 horas no noso espazo de cultura Portas Ártabras o museólogo Felipe-Senén, e o xestor da Fundación Novoneyra Uxío Novo, conducirán o cursiño COMO SE VISITA UN MUSEO.

De xeito teórico e práctico analizaranse os tipos de museos, o seu estado da cuestión en Galicia en relación con outros do Estado e do mundo, os seus condicionantes: continentes e contidos. Finalmente ofreceranse un tipo de recomendacións, tanto para a visita individual como colectiva. Analizaranse obras de arte, artefactos, tratando de contextualizalos no seu espazo, tempo, sociedade… producións que agora, fora do sitio orixinal que as fixo posible, pasan a ter outros valores na exposición ou entre os fondos de reserva do museo.

Curso aberto a quen desexe asistir, especial para interesad@s en cuestións turísticas e museos. De desexarse tamén se pode solictar certificado de 8 horas de asistencia, que incluén unha visita práctica.