O xoves 9 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga. 22 – A Coruña), terá lugar unha nova conferencia do enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas, titulada “EL PODER Y EL ARTE”
O poder sempre utilizou a arte como un medio de propaganda para exaltar a figura do gobernante, remarcando as grandes xestas que realizou e os castigos aos que se expoñen os desobedientes.
Veremos a través dun centenar de imaxes que os deuses, os monarcas e os prelados de todos os tempos utilizaron sen apenas variación os mesmos recursos iconográficos para consolidar o seu status e facer ostentación do seu poder.
Actividade enmarcada dentro do ciclo Paganismo e cristianismo na arte.
Entrada libre ata completar aforo.
