O xoves 2 de febreiro,ás 20 horas en Portas Ártabras (Sinagoga, 22 – A Coruña) terá lugar a conferencia impartida polo museólogo Felipe Senén López Gómez “CONVERSAS ARREDOR DA FESTA DA CANDELORIA E O IMBOLC GAÉLICO, CÉLTICO”.
O 1 de Febreiro celebrado en Iranda do“Imbolc” ou Oimelc, en Galiza asocialo coa Candeloría e o San Brais.
A festa das candeas…
O Imbolc é a festa céltica gaélica irlandesa en relación coa purificación, coa sementeira, co gando. Asociada ás “Februa”, festas romanas nas que Plutón e Xuno rivalizaban en recibir exvotos expiatorios. Catarse festiva chamada así pola significación da palabra en relación coa purificación (“Februa”) pero tamén coas “febras”, a xeito de látegos cos que se fustrigaban os uns aos outros. Un xeito de ritos de purificación e pasaxe nos que non faltaban os Catro Elementos, lume, auga, terra, aire. E algo queda en festas que seguen a usar fachicos de lume, como cada 19 de Xaneiro as do San Sebastián de Castro Caldelas, asociadas á purificación dun mal ambiente de peste no 1763. Ritos que recollen tradicións máis antigos, entre outras festas que converten o lume en sesións de pirotecnia. Feata da luz que renace, das flores que dan cor e dos arrecendos, da vida que renace despois da invernía.
Non faltes, introdución ao Entroido no que en este ano nos meteremos con bo pé e de cheo.
