XOVES 12 DE XANEIRO: “LOS MAGOS DE ORIENTE” CON JOSÉ LUIS GARCÍA DORNELAS


O xoves 12 de xaneiro, ás 20 horas en Portas Ártabras o enxeñeiro e especialista en simboloxía José Luis García Dornelas nos falará arredor de “LOS MAGOS DE ORIENTE”.

Veremos a través dun centenar de imaxes a evolución da súa representación ao longo dos séculos e de como os inicialmente meigos paulatinamente foron convertidos en reis. E tras esa metamorfose, a imaxe dos reis alcanzou gran difusión na arte, porque lembraba desde as portadas dos templos que ata os máis poderosos levaban os seus presentes ao Deus que nacera.

Actividade enmarcada dentro do ciclo Paganismo e Relixión na Arte.

Entrada libre ata completar aforo.