O MELLOR PARA OS AMIG@S DOS MUSEOS


O Nadal significa nacemento e represéntase cun Belén, cunha humilde aldea á que acude unha familia buscando fonda…non a atopan, acóllense nun cortello e alí nace unha Esperanza, pregoada no ceo polas estrelas. Alí acoden pastores, gaiteiros, lavandeiras… e mesmo Reis Magos que poñen os pés na Terra… unha mensaxe de Paz. Hai outras fórmulas de celebración a do árbore verde cuberto de brilos e luz, a dun Papa Noel ou dun vagamundos cargado de sorpresas, trasnos… a Galiza das encrucilladas e dos portos, enriquécese, fai seu e ofrece de todo nas súas celebracións.

Así que o que toca agora, cando pechamos un ciclo e abrimos a outro co Nadal, entre vilancicos e panxoliñas (que máis galegos deberan ser) é desexar que se aprenda a lección de que camiños retomar: Desexar o mellor pra un camiño novo, onde non nos abanone a maxia dos Magos, da Terra Meiga, a poesía das estrelas: sorte, saúde e sobre todo esa Paz que os anxos pregoban denriba de Belén, hai 2023 anos …. parte desa lección que atopamos nos museos, os que, ao fin e ao cabo, gardan memoria do que somos e sobre o que retomar camiños

Coas mellores ansias e desexos para tod@, e maís aínda para os que confian en nós, nos acompañan nesa aventura das xeiras para coñecer canto nos arrodea e que tamén nos arroupan participando nas actividades dunhas portas abertas, as de Portas Ártabras. Velaquí, na metade de Xaneiro ofreceremos o programa de actividades e xeiras por aquí e por acolá.

Sempre

Directiva de Amigos dos Museos de Galicia