SENTIDO PÉSAME POLO PASAMENTO DO DIRECTIVO DE AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA, PACO PEÑA DONO


Na tarde do domingo 11 de decembro do ano 2022, finou na súa casa da Cidade Vella Francisco Peña Dono. Dende estas páxinas queremos deixar constancia do máis fondo agradecemento por ter deixado na nosa asociación, como fundador e mesmo como directivo, boa parte da súa vida e de moitas ilusións compartidas: en viaxes por Galicia, polo mundo e en actividades no noso e seu espazo de cultura “Portas Ártabras”. Sempre en estreita colaboración, mesmo até os seus derradeiros días. Queremos facer chegar á súa familia e compartir cos seus moitos amigos o máis sentido pésame, coa seguridade de que en todos os que o coñecimos queda a mellor lembranza, parte da Historia de Amigos dos Museos de Galicia, a dun coruñés e dun amigo positivo, esperanzado e exemplar.